Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24260

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Lalín (expediente IN407A 2017/147-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Portas y Acuña Inmobiliaria, S.L.

Domicilio social: rúa Arrieiros, nº 4, baixo, 36500 Lalín.

Denominación: LMTS e CT rúa Porto do Alle.

Situación: Lalín.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 470 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS LAL812, entre o CT Bergazos III e o CS Portaglas, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, R.T. 20 kV/400 V, situado na rúa Porto do Alle, Lalín.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Ed. Administrativo, avda. Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 10 de abril de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra