Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24274

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, pola que se somete a información pública a actualización e modificación do estudo de impacto ambiental para os proxectos de regadío das comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo.

O artigo 36.1 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, dispón que os estudos de impacto ambiental se someterán a un trámite de información pública durante un prazo non inferior a trinta días, logo de anuncio no diario oficial que corresponda. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, polo prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da súa publicación desta resolución, a actualización e modificación do estudo de impacto ambiental para os proxectos de regadío das comunidades de regantes de Lamas-Ganade, Alta Limia, Corno do Monte e San Salvador de Sabucedo.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural, así como na páxina web da Consellería do Medio Rural (http://mediorural.xunta.gal/areas/infraestruturas/avaliacion_de_impacto_ambiental/informacion_publica_de_eia/).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións, durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Desenvolvemento Rural, por cualquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral de Desenvolvemento Rural