Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 10 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Vizoño-Vilacova II (Abegondo).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Vizoño-Vilacova II (Abegondo-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 218/1992, do 24 de xullo, o seguinte:

Primeiro. O 8 de maio de 2017, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da devandita zona, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no concello de Abegondo e na zona. Os documentos que se poderán examinar refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse no Rexistro da Delegación da Xunta de Galicia na Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), no Rexistro dos servizos centrais da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n,) ou en calquera das dependencias e rexistros a que fai referencia o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 10 de maio de 2017

Manuel Rodríguez Vázquez
Xefe territorial da Coruña