Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24284

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-1010/2016-PPM.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-PO-1010/2016-PPM.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, alínea c) da mesma lei.

Vigo, 2 de maio de 2017

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PSC-PO-1010/2016-PPM.

Persoa interesada: Xianyi Ye.

NIE: X1446868F.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Manuel de Castro, nº 10, 4º D, Vigo.