Na Coruña, sendo o 28 de abril de 2017, e reunida a asemblea universal de socios de acordo á convocatoria realizada mediante citación escrita con antelación de oito días, conforme as normas e estatutos da cooperativa, acordan:
A disolución da Sociedade Cooperativa Cophil, debido á imposibilidade de continuar coa actividade obxecto desta por incumprimento do disposto no punto primeiro do artigo sete da Lei 7/1998, de cooperativas de Galicia, respecto do número mínimo de socios recollido na devandita lei.
E para que así conste o Coruña, 28 de abril de 2017.
Francisco Javier Lancina Santos
Secretario