1. Entidade que adxudica: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Educación. Nº de expediente: 18628-332.
2. Obxecto do contrato: xestión, organización e desenvolvemento dos desprazamentos escolares do programa educativo municipal de coñecemento da cidade Vigo Educa.
Lugar de execución: Vigo.
Prazo de execución: 3 anos. Prórroga: si, unha prórroga dunha duración de nove meses e medio.
3. Tramitación e procedemento:
Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto.
4. Orzamento base: 139.800,00 euros. IVE para soportar pola Administración: 13.980,00 euros. Orzamento total: 153.780,00 euros.
5. Garantías exixidas. a) Provisional: non se exixe. b) Definitiva: si (5 % do prezo de adxudicación do contrato excluído o IVE). c) Complementaria: non.
6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.
Data límite para solicitar documentación: ata 7 días antes do día de finalización do prazo de presentación de proposicións.
7. Requisitos específicos do contratista: a) Documentos acreditativos da solvencia económica e financeira: declaración do volume anual de negocio. Consideraranse con solvencia económica e financeira os licitadores que no conxunto dos últimos tres anos teñan un volume de facturación que sexa igual ou superior ao prezo do contrato e documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo R (servizos de transporte), subgrupo 1 (transporte en xeral), categoría 1. b) Documentos acreditativos da solvencia técnica e profesional: unha relación dos principais servizos ou traballos, de igual ou similar natureza que os que constitúan o obxecto do contrato, realizados nos últimos cinco anos (entenderase que este prazo remata o último día para a presentación de ofertas) que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado destes. Considerarase acreditada a solvencia se nalgún dos últimos cinco anos acredita servizos ou traballos por importe igual ou superior a unha anualidade media do prezo do contrato. Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público; cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, na falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario e documento acreditativo de posuír a seguinte clasificación: grupo R (servizos de transporte), subgrupo 1 (transporte en xeral), categoría 1.
8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.
Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.
Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, nº 1, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.
Admisión de melloras: non.
Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.
9. Apertura ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.
Data e hora: anunciaranse no perfil do contratante do Concello de Vigo.
10. Outras informacións:
11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org.
Vigo, 3 de maio de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación