Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24366

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 48/2017, do 18 de maio, polo que se dispón que cese como conselleiro nato do Consello Consultivo de Galicia Gerardo Fernández Albor.

Ao abeiro do establecido no artigo 5 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia, Gerardo Fernández Albor presentou a renuncia á súa condición de conselleiro nato do Consello Consultivo de Galicia, por razóns estritamente persoais, e esta foi aceptada mediante resolución do presidente do Consello Consultivo de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de maio de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Que cese, como conselleiro nato do Consello Consultivo de Galicia, Gerardo Fernández Albor, agradecéndolle os servizos prestados e a súa contribución ao bo funcionamento desa institución.

Santiago de Compostela, dezaoito de maio de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza