Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2017 pola que se anuncia a licitación dos seguintes contratos de subministracións: expediente 2017/1005 (ref. UNLC15-DE-3116), expediente 2017/1007 (ref. UNLC15-DE-3882) e expediente 2017/1008 (ref. UNLC15-DE-3691) cofinanciados nun 80 % con fondos Feder e nun 20 % pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. r/ Maestranza, núm. 9, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

• Número de expediente: 2017/1005.

Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: adquisición dun lector de TL-OSL equipado con sistema de medida Single-grain.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Laboratorio de Luminiscencia/SAI (ESCI).

1º. Domicilio: Campus de Elviña.

2º. Localidade e código postal: A Coruña 15071.

e) Prazo de execución/entrega: 60 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 38433100-0.

Valor estimado do contrato: 139.700,00 euros.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 139.700,00 euros. Importe total: 169.037,00 euros.

• Número de expediente: 2017/1007.

Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: adquisición dun microespectrómetro de fluorescencia de raios X para a análise elemental e análise de imaxe en mostras biolóxicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: SAI (ESCI).

1º. Domicilio: Campus de Elviña.

2º. Localidade e código postal: A Coruña 15071.

e) Prazo de execución/entrega: 120 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 38433000-9.

Valor estimado do contrato: 168.000,00 euros.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 168.000,00 euros. Importe total: 203.280,00 euros.

• Número de expediente: 2017/1008.

Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: actualización dun equipo de ablación Láser para acoplamento con equipos de espectrometría de masas con fonte de plasma acoplado indutivamente (IPC-MS).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Unidade de Espectrometría de Plasma-Masas dos SAI (ESCI).

1º. Domicilio: Campus de Elviña.

2º. Localidade e código postal: A Coruña 15071.

e) Prazo de execución/entrega: 90 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 38636100-3.

Valor estimado do contrato: 140.000,00 euros.

Orzamento base de licitación:

Importe neto: 140.000,00 euros. Importe total: 169.400,00 euros.

Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

Garantías exixidas:

Definitiva: 5 % de importe de adxudicación (IVE excluído).

Complementaria: 5 % de importe de adxudiación (IVE excluído).

Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Registro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

Apertura de ofertas:

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Dirección: Reitoría, r/ Maestranza, núm. 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante, o día e hora no que terá lugar.

Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8 e 9 do Reglamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 28 de abril de 2017

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña