Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24504

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo para a toma de mostras de auga nos puntos de control da rede de augas subterráneas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa e instalación de novos puntos de control.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola Presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: 201.315,28 €. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas contractuais previstas.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: toma de mostras de auga nos puntos de control da rede de augas subterráneas no ámbito da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa e instalación de novos puntos de control.

Número de expediente: OH.088.363.SV.

CPV (referencia de nomenclatura): 90733700-1.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 80, do 27 de abril de 2016.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 115.037,30 euros. Importe total: 139.195,13 euros.

Data de adxudicación: 24 de xaneiro de 2017.

Importe de adxudicación. Importe neto: 94.330,59 euros. Importe total: 114.140,01 euros.

Data de formalización do contrato: 3 de abril de 2017.

Contratista: Eptisa Servicios de Ingeniería, S.A.

3. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil de contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia