Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 2017 Páx. 24444

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUGA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 26 de decembro de 2014 (publicado no BOE do 29 de xaneiro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 9 de xaneiro de 2015).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do apartado 5.1 da memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta Reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 3 de maio de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural
Rama de coñecemento: Artes e Humanidades
Universidades participantes: Vigo

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias…………………………………………

Optativas…………………………………...............

Prácticas externas…………………………………

Traballo fin de máster…………………................

30

15

6

9

Créditos totais……………...

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Concepto e Categorías do Patrimonio Cultural

3

Obrigatorio

Xestión do patrimonio cultural

Valor e Significado do Patrimonio Cultural

3

Obrigatorio

Xestión do patrimonio cultural

Protección Xurídica do Patrimonio Cultural

3

Obrigatorio

Xestión do patrimonio cultural

Figuras de Intervención e Xestión de Proxectos

3

Obrigatorio

Xestión do patrimonio cultural

Novos Modos de Xestión e Protección do Patrimonio Cultural

3

Obrigatorio

Xestión do patrimonio cultural

Catalogación e Risco

3

Obrigatorio

Xestión do patrimonio cultural

Técnicas de Representación CAD do Patrimonio

3

Obrigatorio

Documentación e representación do patrimonio cultural

Tecnoloxías SIG para o Inventario do Patrimonio Cultural

3

Obrigatorio

Documentación e representación do patrimonio cultural

Técnicas de Documentación Cartográfica 2D e 3D do Patrimonio Cultural

3

Obrigatorio

Documentación e representación do patrimonio cultural

Técnicas de Prospección do Subsolo Superficial

3

Obrigatorio

Documentación e representación do patrimonio cultural

Tecnoloxías e Formas de Alteración de Estruturas Inmobles [NI/NM]

3

Optativo

Conservación e restauración do patrimonio cultural

Tecnoloxías e Formas de Alteración de Materiais e Superficies [NI/NM]

3

Optativo

Conservación e restauración do patrimonio cultural

Técnicas Analíticas de Caracterización e Diagnose [NI/NM]

3

Optativo

Conservación e restauración do patrimonio cultural

Técnicas e Ensaios para a Caracterización e a Diagnose en Obra [NI/NM]

3

Optativo

Conservación e restauración do patrimonio cultural

Tratamento de Superficies [NI/NM]

3

Optativo

Conservación e restauración do patrimonio cultural

Tratamento de Estruturas [NI/NM]

3

Optativo

Conservación e restauración do patrimonio cultural

Caracterización e Documentación Histórico-Artística

3

Optativo

Valoración e difusión do patrimonio cultural

Territorio e Paisaxe Cultural

3

Optativo

Valoración e difusión do patrimonio cultural

Historia, Memoria, Identidade e Patrimonio Cultural

3

Optativo

Valoración e difusión do patrimonio cultural

Difusión e Socialización do Patrimonio Cultural

3

Optativo

Valoración e difusión do patrimonio cultural

Deseño de Exposicións e Modelos Expositivos

3

Optativo

Valoración e difusión do patrimonio cultural

Patrimonio Arquitectónico, Territorio e Paisaxe Urbana

3

Optativo

Valoración e difusión do patrimonio cultural

Prácticas

6

Obrigatorio

Prácticum

Traballo fin de máster

9

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.