Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 3 de maio de 2017 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na AC-133, eixe sur, treito Franza-Rilo, punto quilométrico 7+200-8+550, de clave AC/16/071.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados.

Antecedentes:

A Lei 8/2013, de estradas de Galicia, determina no seu artigo 6.2 que os espazos destinados a sendas para peóns ou para a circulación de ciclistas teñen a consideración de elementos funcionais da estrada. Tendo en conta este precepto, a Xunta de Galicia elaborou a Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia. Os obxectivos da dita estratexia son o desenvolvemento duns sistemas de transporte alternativos que reduzan ao mínimo as repercusións sobre o ambiente e os seus impactos sociais e económicos.

Os beneficios esperados co fomento desta mobilidade alternativa son, entre outros, o emprego de modos de transporte non motorizados, a mellora da mobilidade, da calidade do aire, da saúde, da igualdade e benestar, da economía, do patrimonio e do urbanismo.

Con data do 20 de maio de 2016, a Axencia Galega de Infraestruturas aprobou, con base na Estratexia en materia de mobilidade alternativa de Galicia, o documento Fomento da mobilidade sustentable: sendas peonís e/ou ciclistas na comarca de Ferrol, onde unha das sendas propostas é un itinerario peonil e ciclista na AC-133, que agora se está a desenvolver mediante o proxecto construtivo Itinerario peonil e ciclista na AC-133, eixe sur, treito Franza-Rilo, p.q. 7+200-8+550, de clave AC/16/071.06.

Este proxecto ten por obxecto a creación dunha senda compartida (peonil e ciclista) en dous treitos da estrada AC-133, en formigón ou solo estabilizado con cemento, en función da cualificación urbanística do solo que se atravesa. O primeiro treito (p.q. 7+200-p.q. 8+550), comeza na rotonda de conexión entre esta estrada e a vía de alta capacidade VG-1.2, na contorna do núcleo de Franza e finaliza no núcleo de Rilo. No segundo treito (p.q. 9+820-p.q. 9+910) executarase unha senda polo trazado do foxo transitable existente na actualidade, e que dispón dun largo insuficiente para a circulación peonil e ciclista.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións (necesarias para garantir a funcionalidade da senda executada):

– Reposición das baldosas da beirarrúa existente na marxe dereita, entre p.q. 7+200-p.q. 7+260 que se atopan en mal estado.

– Reposición da sinalización horizontal e vertical que poida resultar afectada pola construción das sendas.

– Reposición de elementos de drenaxe e servizos afectados.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Regulamento de expropiación forzosa, se someta a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) e na Casa do Concello de Mugardos (avenida de Galicia, 45, 15620 Mugardos, A Coruña). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

Santiago de Compostela, 3 de maio de 2017

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO
Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción: Itinerario peonil e ciclista na AC-133
Eixe sur. Treito Franza-Rilo, p.q. 7+200-8+550
Clave: AC/16/071.06

Concello de Mugardos.

Referencia catastral

Titular

Tipo

Uso ou cultivo

Superficie expropiar (m²)

Ben afectado

UD

Medición

1

2608701NJ6120N0001PG

Xunta de Galicia

Urbano

Residencial

30,07

 

 

 

2

2608706NJ6120N0001OG

Vizoso Rodríguez, Ricardo

Urbano

Solo sen edif.

39,73

 

 

 

3

2608705NJ6120N0001MG

Vizoso Casteleiro, José

Urbano

Solo sen edif.

11,27

 

 

 

4

15052A016000090000MM

Sánchez Prados, María Isabel

Rústico

Labor ou labradío secaño

131,64

Árbore mediana

ud

1

5

15052A016005670000MS

Iglesias López, José L.

Rústico

Labor ou labradío secaño

8,95

 

 

 

6

15052A016000100000MT

Herdeiros de Amado Brage, Antonio

Rústico

Labor ou labradío secaño

169,21

 

 

 

7

15052A016000110000MF

Prego García, Mercedes

Rústico

Labor ou labradío secaño

110,74

 

 

 

8

15052A016000120000MM

Herdeiros de López Brage, Celia

Rústico

Labor ou labradío secaño

119,64

 

 

 

9

15052A016000130000MO

Pérez Casteleiro, M. del Carmen

Rústico

Labor ou labradío secaño

239,56

 

 

 

Pérez Casteleiro, Encarnación

10

15052A016000140000MK

Rey Brage, José

Rústico

Labor ou labradío secaño

104,69

Árbore mediana

ud

1

11

15052A016005930000MR

Flores Cortés, Fernando

Rústico

Matogueiras

93,42

 

 

 

12

15052A016001990000ML

Sánchez Pérez, Jaime

Rústico

Prados ou pradarías

158,75

Peche vexetal ou sebe viva

m

47

Árbore grande

ud

2

13

15052A016002000000ML

Rojo Pérez, Matilde

Rústico

Labor ou labradío secaño

270,81

 

 

 

14

15052A016002010000MT

Herdeiros de Noche García, Marcelina

Rústico

Matogueiras

75,48

 

 

 

Herdeiros de Fernández Aguilar, Antonio

15

15052A016002030000MM

Pena García, Carlos

Rústico

Labor ou labradío secaño

221,29

 

 

 

16

15052A016002400000MK

Gómez Rojo, Pablo

Rústico

Matogueiras

199,3

 

 

 

17

15052A016002410000MR

Castro Sánchez, María Rosa

Rústico

Labor ou labradío secaño

227,93

 

 

 

Moreira Montero, Juan

18

15052A016002460000ME

Martínez Calvo, José Luis

Rústico

Prados ou pradarías

179,93

 

 

 

Escudero Pena, Ángela María

19

15052A016002750000MX

Ferreño Ulloa, José Manuel

Rústico

Labor ou labradío secaño

553,36

Cerca de arame e pastor eléctrico

m

57

Pedreira Blanco, Herminda Soledad

Peche bloques

m

14

20

15052A016002710000MO

Herdeiros de Mauriz Pernas, Benedicta

Rústico

Prados ou pradarías

0,8

 

 

 

21

15052A016002700000MM

Martínez Torrente, Carmen

Rústico

Prados ou pradarías

300,14

 

 

 

22

1713907NJ6111S0001GD

Martínez Romero, Antonio

Urbano

Residencial

205,76

 

 

 

Garabana García, María Luisa

23

1713905NJ6111S0001BD

Herdeiros de Rey Rodríguez, Nicolás

Urbano

Sistema xeral viario segundo NSP

2

 

 

 

24

1713908NJ6111S0001QD

Moreira Montero, Antonio

Urbano

Sistema xeral viario segundo NSP

66,26

 

 

 

25

1713909NJ6111S0001PD

Cal Pico, Félix-César

Urbano

Sistema xeral viario segundo NSP

55,75

 

 

 

26

1713910NJ6111S0001GD

Salido Pérez, Miguel Ángel

Urbano

Sistema xeral viario segundo NSP

73,21

 

 

 

27

1713901NJ6111S0001UD

Salido Romero, Antonio

Urbano

Sistema xeral viario segundo NSP

9,69

 

 

 

Pérez Cagiagao, María

28

1813007NJ6111S0001JD

Martínez Torrente, José A.

Urbano

Sistema xeral viario segundo NSP

24,88

 

 

 

29

1813008NJ6111S0001ED

Herdeiros de Montero Cancela, Dolores

Urbano

Solo sen edif.

53,51

 

 

 

30

1813001NJ6111S0001OD

Varela López, José Bernardo

Urbano

Solo sen edif.

1,71

 

 

 

31

1022011NJ6102S0001TE

Leira Rodríguez, María Dolores

Urbano

Residencial

18,01

Pena Fontenla, Antonio

Sistema xeral viario segundo NSP

51,90

32

1022010NJ6102S0001LE

Valle Vázquez, Antonio

Urbano

Residencial

37,94

Villar Vázquez, M. Luz

Sistema xeral viario segundo NSP

64,57

33

1022009NJ6102S0001FE

Gómez Cruz, José R.

Urbano

Sistema xeral viario segundo NSP

5,68

NSP: Normas Subsidiarias de Planeamento.