En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Número de expediente: 58/2016 U.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=65916
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: obra.
b) Descrición: obra de remodelación integral e reordenación do tráfico da avenida da Mariña en Foz.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 45233250-6.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Valor estimado do contrato: 625.738,76 €.
5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 625.738,76 €. Importe total: 757.143,90 €.
6. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 20 de marzo de 2017.
b) Data de formalización do contrato: 4 de abril de 2017.
c) Adxudicataria: Ogmios Proyecto, S.L.
d) Importe de adxudicación: Importe neto: 469.000,00 €. Importe total con IVE: 567.490,00 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio