Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante este anuncio infórmase da consignación dos prezos xustos determinados polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo, no río Xallas, no concellos de Dumbría e Mazaricos (expediente IN407A 2005/12-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 8 de maio de 2017
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2005/12-1.
Entidade beneficiaria: Ferroatlántica, S.A.U.
Denominación da instalación: aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo, no río Xallas.
Concellos: Dumbría e Mazaricos.
Predio |
Depósito |
Titularidade proposta |
Incidencia |
3 |
506/2016 |
Herdeiros de Antonio Trillo Rodríguez e de Antonia Lago Romero |
Enderezo ignorado |
35 |
512/2016 |
Antonio Cernadas Río |
Enderezo ignorado |
36 |
513/2016 |
Evaristo Cernadas Río |
Enderezo ignorado |
37 |
514/2016 |
Constante Cernadas Río |
Enderezo ignorado |