Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24681

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo

EDICTO (72/2014).

Xuízo verbal 72/2014

Sobre reclamación de cantidade

Demandante: Topcad Ingeniería, S.L.

Procurador: Justo Alfonso Fernández Expósito

Demandada: Aseguradora Red Europea de Garantía de Vehículos

Elena Menéndez Valdés, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Mondoñedo, que nos autos de xuízo verbal, seguidos co número 72/2014, por instancia de Topcad Ingeniería, S.L., representado polo procurador Sr. Fernández Expósito, fronte a Aseguradora Red Europea de Garantía de Vehículos, ditouse sentenza que, na súa parte dispositiva, literalmente di.

«Resolución estimo integramente a demanda interposta polo procurador señor Fernández Expósito, en nome e representación de Topcad Ingeniería, S.L., contra a demandada, Red Europea de Garantía de Vehículos, S.A., e condénoa a que aboe á demandante a cantidade de mil douscentos setenta euros e cincuenta e sete céntimos (1.270,57 euros), así como os xuros do artigo 20 da LCS.

Condeno en custas a demandada.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que é firme e que contra ela non cabe recurso ningún».

E encontrándose o devandito demandado, Aseguradora Red Europea de Garantía de Vehículos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Mondoñedo, 16 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza