Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 22 de maio de 2017 Páx. 24685

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (522/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 522/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Iglesias Mosquera contra Conscar Arosa, S.L., Mutua Fremap, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), sobre seguridade social, se ditou a Sentenza co número 201/2017, do 24 de abril de 2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, estes autos 522/2013, sobre seguridade social, seguidos por instancia de Jesús Iglesias Mosquera, asistido polo letrado Sr. López Núñez, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados e asistidos polo letrado Sr. González Quintas, contra Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 61, representada e asistida polo letrado Sr. Amigo Estrada, contra Conscar Arosa, S.L., que non compareceu ao xuízo oral. En virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito esta sentenza con base no seguinte:»

«Que, desestimando integramente a demanda interposta por Jesús Iglesias Mosquera contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 61 e Conscar Arosa, S.L., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social (LRXS).

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que lle sirva de notificación en legal forma a Conscar Arosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza