Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 23 de maio de 2017 Páx. 24916

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 18 de abril de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución CM-01/2017, da mesma data, pola que se convoca, polo sistema de concurso de méritos, a provisión de diversos postos de xefatura de persoal de xestión e servizos.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para a provisión, polo sistema de concurso de méritos, de diversos postos de xefatura de persoal de xestión e servizos da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios do Servizo de persoal da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 18 de abril de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Denominación do posto: xefe de grupo de Almacén.

Requisitos: persoal estatutario fixo de xestión e servizos nos grupos C1-C2, nas categorías de grupo administrativo ou auxiliar administrativo da Función Administrativa.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

Denominación do posto: xefe de grupo de Contabilidade Orzamentaria.

Requisitos: persoal estatutario fixo de xestión e servizos nos grupos C1-C2, nas categorías de grupo administrativo ou auxiliar administrativo da Función Administrativa.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

Denominación do posto: xefe de grupo de Microinformática.

Requisitos: persoal estatutario fixo de xestión e servizos nos grupos C1-C2, na categoría de técnico especialista de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

Denominación do posto: xefe de grupo de Facturación a terceiros.

Requisitos: persoal estatutario fixo de xestión e servizos nos grupos C1-C2, nas categorías de grupo administrativo ou auxiliar administrativo da Función Administrativa.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

Denominación do posto: xefe de grupo de Investimentos.

Requisitos: persoal estatutario fixo de xestión e servizos nos grupos C1-C2, nas categorías de grupo administrativo ou auxiliar administrativo da Función Administrativa.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

Denominación do posto: xefe de Sección de Contratación Administrativa.

Requisitos: persoal estatutario fixo de xestión e servizos nos grupos A1-A2-C1, nas categorías de grupo técnico, xestión ou administrativo da Función Administrativa.

Procedemento de provisión: concurso de méritos.

Institución: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.