Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25062

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 2 de maio de 2017 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública para cubrir cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110B).

BDNS (Identif.): 347566.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españolas ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de Galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de Inglés.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades españolas e estranxeiras.

Terceiro. Base reguladora

Orde do 2 de maio de 2017 pola que se publican as bases e se anuncia a convocatoria pública para cubrir cinco prazas nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110B).

Cuarto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria