Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25196

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (873/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 873/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Jesús Regueira González contra a Xunta de Galicia, Fogasa e herdanza xacente de María de las Mercedes Juanatey Varela, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolvo que debo estimar a demanda presentada por instancia de María Jesús Regueira González, contra a herdanza xacente de Mª de las Mercedes Juanatey Varela, Fogasa e a Xunta de Galicia e debo condenar a demandada, herdanza xacente de Mª de las Mercedes Juanatey Varela, ao aboamento á demandante da cantidade de 1.889,62 € máis os xuros do artigo 1.108 do Código civil, calculados desde a data da extinción por falecemento da empresaria ata a data da presente resolución sobre a cantidade de 662,68 euros, en concepto de indemnización por despedimento, e os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a cantidade de 1.226,94 euros en concepto de débedas salariais, calculados desde a data de presentación da papeleta de conciliación (STS do 17.6.2014) ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir da presente resolución.

Debo absolver e absolvo a Comunidade Autónoma de Galicia de todos os pedimentos formulados na súa contra, sen prexuízo das responsabilidades que lle poden repercutir se é finalmente declarada herdeira.

Debo absolver e absolvo o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela non cabe interpor recurso de suplicación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que sirva de notificación en legal forma á herdanza xacente de María de las Mercedes Juanatey Varela, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza