Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25158

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Comercio Internacional (2ª edición).

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUGA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do punto 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Comercio Internacional (2ª edición) pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 3 de maio de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Comercio Internacional (2ª edición)

Rama de Coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.

Universidades participantes: Vigo.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

48

Optativas

0

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

6

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Economía internacional

3

Obrigatorio

Fundamentos do Comercio Internacional

Dirección internacional da empresa e os mercados no mundo

4.5

Obrigatorio

Fundamentos do Comercio Internacional

Contabilidade e finanzas internacionais

4.5

Obrigatorio

Fundamentos do Comercio Internacional

Xestión de operacións internacionais

4.5

Obrigatorio

Fundamentos do Comercio Internacional

Dereito internacional e contratación

3

Obrigatorio

Fundamentos do Comercio Internacional

Márketing internacional

4.5

Obrigatorio

Fundamentos do Comercio Internacional

Fiscalidade internacional

3

Obrigatorio

Fundamentos do Comercio Internacional

Transporte e loxística

3

Obrigatorio

Fundamentos do Comercio Internacional

As TIC no comercio internacional

4.5

Obrigatorio

As Novas Tecnoloxías Aplicadas ao Comercio Internacional

Novas tecnoloxías da información e as comunicacións no e-Comercio

4.5

Obrigatorio

As Novas Tecnoloxías Aplicadas ao Comercio Internacional

Inglés comercial

4.5

Obrigatorio

Inglés Comercial

Comunicación profesional internacional

4.5

Obrigatorio

Inglés Comercial

Practicum

6

Obrigatorio

Prácticum

Traballo fin de máster

6

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Comercio Internacional, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.