Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25670

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, anticipado de gasto, da contratación documentalmente simplificada do servizo de almacenamento, xestión de expedicións e distribución con entrega en destino do material desta consellería (expediente ED-04/17 SE).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-04/17 SE.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de almacenamento, xestión de expedicións e distribución con entrega en destino do material desta consellería.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: na nave que posúe a consellería no polígono de Toedo da Estrada (Pontevedra).

d) Prazo de execución: un ano desde a sinatura do contrato.

e) Admisión de prórroga: si, un ano.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Prezo: 496.433,89 euros (IVE excluído). IVE: 104.251,11 euros. Importe total: 600.685,00 euros.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Adscrición de medios: ver o punto 8.1.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o punto 8.1.1.e) e 8.1.1.f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 95.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos, así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=163464

8. Presentación das ofertas:

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura dos sobres 2 e 3 publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria