Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25634

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (15/2015).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 15/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Gesto Costa contra Carpintería Aluson, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Acordo ter por desistido Álvaro Gesto Costa da súa demanda e, unha vez firme, esta resolución, arquivaranse os autos.

Incorpórese o orixinal ao libro de decretos deixando certificación deste no procedemento da súa razón».

Modo de impugnación: poderase interpor recurso directo de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación (art. 188.2 da LXS).

A letrada da Administración de xustiza

E para que sirva de notificación en legal forma a Carpintería Aluson, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza