Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25700

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cabanas

ANUNCIO de convocatoria de proceso selectivo para a provisión en propiedade dunha praza de policía local incluída na oferta de emprego público 2016.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 82, de 3 de maio de 2017, foron publicadas integramente as bases que van rexer a convocatoria para a provisión en propiedade dunha praza de policía local do Concello de Cabanas, encadrada na escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase escala básica, categoría policía local: garda, grupo C, subgrupo C1, por oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Cabanas, 3 de maio de 2017

Germán Castrillón Permuy
Alcalde