Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25601

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

Para os efectos previstos no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas práticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade dos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega no primeiro cuadrimestre do ano 2017, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

Ramón Villares Paz
Presidente do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello da Cultura Galega

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega en materia de normalización lingüística.

7.000 €

10.4.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Consello da Cultura Galega para a integración de fondos no repositorio de Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia.

Sen dotación económica

18.4.2017

Convenio de colaboración entre o Consello da Cultura Galega e o Concello de Ourense para a celebración do Concerto das Letras Galegas.

Sen dotación económica

21.4.2017