Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25840

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 22 de maio de 2017 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, mediante a Orde da Consellería de Facenda do 2 de decembro de 2016, publicada no Diario Oficial de Galicia número 246, do 27 de decembro, e de conformidade co establecido nas bases das convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

Tribunal titular:

Presidencia:

– Alejandro Blanco García, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala executiva do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Secretaría:

– María de los Ángeles Vázquez Suárez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Pedro Tomás Gandarillas Iglesias, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.

– José Vilanova Iglesias, persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

– María Pilar Castro Andía, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Alfonso Pérez Martínez, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Secretaría:

– Rebeca Arijón Gontad, persoal funcionario do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Vogais:

– Marta Villaverde Acuña, persoal funcionario do corpo facultativo superior de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de veterinarios.

– Jesús Fernando Goce Lemos, persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

- Adelino Martínez Veloso, persoal funcionario do corpo de axudantes de carácter facultativo de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia.