Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribeira de Piquín (expediente IN407A 2016/158-2, 8467 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ A, parcela U2, Lugo.

Denominación: OCR Chao do Pousadoiro.

Situación: concello de Ribeira de Piquín.

Características técnicas:

1. LMTS a 20 kV dirección Galegos con orixe na cela 2 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Galegos, cunha lonxitude de 26 metros de condutor tipo RHZ1-240.

2. LMTS a 20 kV dirección Meira con orixe na cela 3 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Meira, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RHZ1-240.

3. LMTS a 20 kV dirección Meira con orixe na cela 5 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Meira, cunha lonxitude de 60 metros en condutor tipo RHZ1-240.

4. LMTS a 20 kV dirección Soutelo con orixe na cela 6 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Soutelo, cunha lonxitude de 30 metros de condutor tipo RHZ1-240.

5. LMTS a 20 kV dirección Ouviaña-A Fonsagrada, con orixe na cela 7 do OCR Chao do Pousadoiro proxectado e final nunha conversión en apoio metálico existente na LMT aérea dirección Ouviaña-A Fonsagrada, cunha lonxitude de 63 metros de condutor tipo RHZ1-240.

6. OCR Chao do Pousadoiro en edificio prefabricado tipo PF 202, no cal se instalan tres celas de liña, dúas de interruptor automático, unha de servizos auxiliares e unha cela de acople.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 3 de maio de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo