Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 9 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da proposta de resolución do expediente IN635C 2016/67-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada que se relaciona no anexo a proposta de resolución do expediente sancionador por infracción en materia de industria, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A interesada ou o seu representante dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio de notificación, para poder examinar o expediente nas dependencias da Asesoría Xurídica da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Pontevedra, 9 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2016/67-4.

Interesado: Set Miranda 33, S.L.

CIF: B-27791896.

Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.