Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2017/65-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Asociación Amicos.

Domicilio social: lugar Monte Comoxo, s/n, 15938 Boiro.

Denominación: proxecto técnico de LMTS, CS e CT de 250 kVA en edificio prefabricado.

Situación: lugar Monte Comoxo, s/n, 15938 Boiro.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada, con inicio e fin na liña de distribución PMR805 (entre os centros 15PXZ0 e 15CBVS), logo de entrar e saír no CS proxectado. Condutor RHZ1 2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, lonxitude 18+18 m.

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado soterrado. Celas prefabricadas de entrada, saída e derivación (24 kV, 400 A, 16 kA).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións neste xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 1º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte á publicación, artigos 30 e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 21 de abril de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña