Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25835

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro) impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Medio Rural nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Medio Rural
nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017

Convenio

Importe

Data da sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e o Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite (LIGAL) para a realización das análises de mostras de leite procedentes do control leiteiro do gando vacún de Galicia nas explotacións leiteiras para o período 2017-2020.

1.820.000,00 €

1.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.

Sen contido económico

4.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Abanca Corporación Bancaria, S.A.

Sen contido económico

23.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Banco Caixa Geral.

Sen contido económico

23.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Banco Grupo Santander.

Sen contido económico

23.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Banco Pastor.

Sen contido económico

23.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Banco Popular Español.

Sen contido económico

23.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Banco Sabadell Gallego.

Sen contido económico

23.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Banco Bilbao Vizcaya Argentina (BBVA).

Sen contido económico

23.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Caixa Rural Gallega.

Sen contido económico

23.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Caixabank.

Sen contido económico

23.1.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020). Caja Rural de Zamora.

Sen contido económico

1.2.2017

Acordo entre a Consellería do Medio Rural e as entidades financeiras para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores novos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (PDR 2014-2020).Grupo Cooperativo Cajamar.

Sen contido económico

23.1.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación Nacional de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) para a realización dun programa de consolidación e diversificación xenética da raza rubia galega, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Sen contido económico

23.1.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación de Criadores de Cabalo de Pura Raza Galega (Puraga) para a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos recursos zooxenéticos da raza equina cabalo de pura raza galega e o fomento e promoción dos seus produtos derivados, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Sen contido económico

23.1.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta (Asoporcel) para a execución das actividades de recuperación, conservación e fomento da raza porcina porco celta, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Sen contido económico

23.1.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) para a conservación, desenvolvemento e utilización sustentable dos recursos zooxenéticos das razas bovinas autóctonas galegas en perigo de extinción, da ovella galega, da cabra galega, da galiña de Mos e dos seus produtos derivados, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Sen contido económico

23.1.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Fundación Semana Verde de Galicia para a execución de determinadas actividades de promoción dos recursos zooxenéticos autóctonos de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Sen contido económico

23.1.2017

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Asociación Pura Raza Cabalo Galego (APRCG) para continuar coa posta en valor das aptitudes do cabalo de pura raza galego (P.R.G.) en actividades deportivas, de exposición e de ocio, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do PDR de Galicia 2014-2020.

Sen contido económico

23.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade La Voz de Galicia, S.A., para a elaboración, maquetación, publicación e divulgación dun suplemento de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

149.767,95 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Lérez Ediciones, S.L.U., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

10.584,31 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade editorial La Capital, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia (Diario de Ferrol).

3.704,51 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade editorial La Capital, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia (Diario de Arousa).

1.852,24 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade editorial La Capital, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia (El Ideal Gallego).

4.233,72 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade El Progreso de Lugo, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

24.873,12 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade La Región, S.A., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

23.020,87 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Rías Baixas Comunicación, S.A., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia (Atlántico Diario).

3.704,51 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Faro de Vigo, S.A. Unipersonal, para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

69.856,43 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade Editorial Compostela, S.A., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

16.934,89 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a entidade La Opinión de A Coruña, S.L., para a realización de accións divulgativas e informativas relacionadas co desenvolvemento da produción agroalimentaria de Galicia.

8.467,45 €

27.1.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia e Redes de Telecomunicación Galega Retegal, S.A.

Sen contido económico

31.1.2017

Convenio de colaboración entre a Fundación Galicia Europa e a Consellería do Medio Rural para o financiamento dos gastos ocasionados polo persoal destacado na oficina da Fundación en Bruxelas.

5.000,00 €

2.3.2017