Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25861

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (381/2015).

Eduardo Paredes Simón, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario seguido por instancia de Juan Luis Castro, Mercedes Castro Soto, José Luis Castro contra José Antonio Viñal Pérez, Antonio Doldán Viñal, foi ditada sentenza, cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza

Betanzos, 4 de abril de 2017.

Vistos por Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, os presentes autos de xuízo ordinario, seguidos co número 381/2015, por instancia de Mercedes Castro Souto, Juan Luis Castro e José Luis Castro, representados pola procuradora Verónica Sexto Quintás e baixo a dirección letrada da Sra. Dans Fariña, contra José Antonio Viñal Pérez e Antonio Doldán Viñal, declarados en situación procesual de rebeldía, dito a presente resolución.

Decisión

Debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola representación procesual de Mercedes Castro Souto, Juan Luis Castro e José Luis Castro contra José Antonio Viñal Pérez e Antonio Doldán Viñal e, en consecuencia, debo declarar e declaro xustificada a adquisición por prescrición adquisitiva dos demandantes da propiedade do terreo descrito no feito primeiro do escrito reitor, na proporción de adxudicar a Mercedes Castro Souto o 50 % de pleno dominio e o usufruto universal e vitalicio do 50 % restante, e aos seus fillos Juan Luis Castro e José Luis Castro por metades e iguais partes indivisas a núa propiedade do 50 % restante do predio descrito no feito primeiro da demanda, procedéndose a cancelar as inscricións contraditorias relativas ao devandito predio que figuran no Rexistro da Propiedade de Betanzos a nome de Benito Pérez González e Josefa Álvarez Alonso, e inscribindo no seu lugar a inscrición rexistral desta a nome de Mercedes Castro Souto, Juan Luis Castro e José Luis Castro na proporción indicada.

Expídase testemuño, unha vez que a sentenza sexa firme, para proceder á inscrición rexistral do terreo descrito no feito primeiro do escrito reitor.

Todo iso con imposición das custas á parte demandada. Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de vinte días ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así o acorda, manda e asina Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos e o seu partido xudicial.

E encontrándose o devandito demandado, José Antonio Viñal Pérez, Antonio Doldán Viñal, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Betanzos, 4 de abril de 2017

O letrado da Administración de xustiza