Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26073

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (361/2015).

Paula Andrea Arango Campuzano, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fai saber que no presente procedemento de garda, custodia e alimentos seguido por instancia de Carolin Liriano Silverio fronte a Darío Fermín Acosta, se ditou sentenza, cuxo teor literal extractado é o seguinte:

Sentenza garda, custodia e alimentos.

Sentenza nº 77/2017.

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 31 de xaneiro de 2017.

Vistos os presentes autos nº 361/2015, sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sra. López Calvete, en nome e representación de Carolin Liriano Silverio, dirixida pola letrada Sra. Rivo, fronte a José Darío Fermín Acosta, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Resolución

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladoras da garda e custodia do menor L.D.F.L., así como a súa pensión de alimentos:

1. Atribúeselle a garda e custodia dos menores á nai Carolin.

2. Atribúeselle o exercicio exclusivo da patria potestade á nai Carolin.

3. Suspéndese o réxime de visitas.

4. En concepto de alimentos a favor do fillo común establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco primeiros días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 150 euros, que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa en data 1 de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios, diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios. Cumprirá o consentimento previo para estes últimos e non para os primeiros. Entenderase prestada a conformidade se, requirido un proxenitor polo outro de forma que faga fe, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixa transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer ningunha manifestación. No requirimento que se realice, o proxenitor que pretenda facer o gasto deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo e xuntar orzamento en que figure o nome do profesional que o expida.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigo 457 e ss. LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas e déixese testemuño suficiente en autos.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe.

A maxistrada xuíza.

E ao estar o dito demandado, Darío Fermín Acosta, en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 15 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza