Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 30 de maio de 2017 Páx. 26079

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 537/2014).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 537/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Muiño Turnes contra a empresa Inaltel, S.A., se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«1º. Que, estimando integramente a demanda interposta por Daniel Muiño Turnes fronte á entidade Inaltel, S.A., debo condenala e condénoa a que proceda á inmediata reincorporación ao seu posto de traballo nas mesmas condición en que o viña desempeñando con anterioridade á excedencia.

2º. Que debo condenar e condeno o Fogasa a se ater á condena imposta á empresa demandada.

3º. Non se fai especial imposición de custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se deberá anunciar ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentencia, e que será resolto, de ser o caso e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inaltel, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza