Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26341

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 986/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 986/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Caterina Bouzas Curra contra Inversiones Euroamérica, S. L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal Inversiones Euroamérica Ignacio Romero López-Membiela, sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Sentenza

A Coruña, 26 de abril de 2017.

Vistos por min, Patricia López Arranz, maxistrada xuíza do Xulgado Social de Reforzo da Coruña, os presentes autos de procedemento ordinario nº 986/2016, seguidos ante este xulgado por instancia de Caterina Bouzas Curra, representada pola letrada Raquel Rodríguez Viéitez, contra Inversiones Euroamérica, S.L., o seu administrador concursal e Fogasa, todos eles non comparecidos, dito sentenza de conformidade cos seguintes,

Resolvo

Que debo estimar e estimo a demanda presentada por Caterina Bouzas Curra contra Inversiones Euroamérica, S.L. e declaro nulo o despedimento daquela; e, ante a imposibilidade de readmisión, declaro extinguida a relación laboral desta coa empresa demandada con efectos da data da presente resolución, e condeno a empresa a se ater a esta declaración e a que lle aboe á demandante unha indemnización de 8.729,15 euros e 9.923,18 euros de salarios de trámite.

Que debo condenar e condeno a empresa Inversiones Euroamérica, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 4.936,54 euros, máis o 10 % de xuro moratorio aplicado sobre os conceptos salariais.

Condénase a administración concursal da empresa a se ater ao anterior no límite da súa responsabilidade legal.

Con intervención procesual do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inversiones Euroamérica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza