Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26335

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 639/2016).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 639/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Álvaro Alberto Díaz López contra Ministerio Fiscal, Vílchez Multiservicios e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 639/2016

Demandante: Álvaro Alberto Díaz López.

Letrado: Sra. Boedo Díaz.

Demandado: Vílchez Multiservicios.

Fogasa

Ministerio Fiscal

Sentenza nº 194/2017.

A Coruña, 24 de abril de 2017.

Resolución:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Álvaro Alberto Díaz López fronte a Vílchez Multiservicios, con CIF X-7976094-Q e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo iso con aboamento, no caso de optar pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, de optar a empresa por ela: a cantidade de 90,16 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 32,79 euros €/día;

3º. Estimo a acción de reclamación de cantidade promovida por Álvaro Alberto Díaz López fronte a Vílchez Multiservicios, con CIF X-7976094-Q e, en consecuencia, condénase a esta a aboar ao primeiro a suma de 368,02 euros, así como o xuro do artigo 29.3 do ET.

4º. O Fogasa deberase ater ao establecido nesta resolución.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cl se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito. Pasados estes declararase firme e arquivarase.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Vílchez Multiservicios, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza