Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26316

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Servizos Sociais

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2017 pola que se publica a relación definitiva de nenas e nenos admitidas/os para o curso 2017/18 nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia na provincia de Pontevedra.

Con data do 8 de marzo de 2017 publicouse a Resolución do 28 de febreiro de 2017 pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta axencia para o curso 2017/18.

O Decreto 40/2014, do 20 de marzo, polo que se crea a Axencia Galega de Servizos Sociais e se aproban os seus estatutos, establece na súa disposición adicional primeira que esta asumirá desde a súa posta en funcionamento as competencias atribuídas en materia de xestión de escolas infantís á Dirección Xeral de Familia e Inclusión. A nova entidade subrogarase en todas as relacións xurídicas, bens, dereitos e obrigas derivados do exercicio das súas competencias.

Na súa disposición transitoria primeira, o dito decreto establece, non obstante, que a persoa titular da Dirección Xeral de Familia e Inclusión desenvolverá transitoriamente e pola súa propia condición as funcións que corresponden ao/á director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais ata o nomeamento deste/a a través do procedemento recollido nos seus estatutos.

Así mesmo, na mesma disposición establécese que a través das xefaturas territoriais se poderán seguir realizando os labores de apoio para a xestión dos centros da Axencia Galega de Servizos Sociais no seu ámbito territorial, ata que esta dispoña de servizos propios para alcanzar a súa autonomía.

Unha vez estudadas pola comisión de valoración todas as reclamacións presentadas e resoltas pola persoa titular da xefatura territorial, publícanse a relación definitiva de admitidas e admitidos e a lista de espera coa puntuación obtida en cada caso.

Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar nas xefaturas territoriais da Consellería de Política Social, na páxina web http://politicasocial.xunta.gal e nos respectivos centros.

As/os solicitantes admitidas/os disporán do prazo establecido no artigo 16 da Resolución do 28 de febreiro para matricularse e presentarán no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto. O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como na páxina web http://politicasocial.xunta.gal.

A formalización da matrícula no prazo sinalado é imprescindible para confirmar a praza. Se non se realiza, a persoa interesada decaerá na súa solicitude.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xurisdicional competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. No caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente e con anterioridade á interposición do referido recurso, poderase interpor recurso de reposición, ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da resolución expresa. Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de maio de 2017

O/a director/a da Axencia Galega de Servizos Sociais
P.D. (Resolución do 28.2.2017)
Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo da Consellería de Política Social