Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, pola que se notifican as resolucións ditadas no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás entidades que se relacionan no anexo as resolucións ditadas no procedemento de baixa no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, devoltas polo servizo de Correos por resultaren descoñecidas ou porque, intentada a notificación en dúas ocasións, non se puido efectuar.

Contra as resolucións, que non esgotan a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nos artigos 112, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Infórmaselles que os expedientes se atopan á súa disposición nas dependencias do Servizo de Planificación da Promoción Laboral da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, situadas no Edificio Administrativo de San Lázaro, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acto notificado e constancia deste.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2017

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

Entidade: Better Training, S.L.

Número de censo: 36H00556.

Entidade: Formega Automoción (Vigo).

Especialidades formativas ELEE0109 e ELEE0210 do número de censo: 36H01559.