VI. Anuncios
a) Administración autonómica
Consellería de Economía, Emprego e Industria
CORRECCIÓN DE ERROS. Acordo do 5 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/559-1).
Advertidos erros no citado acordo, publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 91, do 12 de maio de 2017, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 23369, onde di: «Acordo do 30 de marzo de 2017», debe dicir: «Acordo do 5 de abril de 2017».
Na páxina 23371, onde di: «A Coruña, 30 de marzo de 2017», debe dicir: «A Coruña, 5 de 5 de abril de 2017».