Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26419

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de convocatoria, mediante concurso específico, para a provisión de diversos postos de traballo.

No BOP de Ourense do 27 de abril de 2017 publicáronse íntegras as bases da convocatoria, mediante concurso específico, para a provisión de diversos postos de traballo na RPT da Deputación Provincial de Ourense.

Os postos que se convocan son os seguintes:

– Un (1) posto de xefe do Negociado de Procesos Selectivos.

– Un (1) posto de xefe da Sección de Augas.

– Un (1) posto de xefe do Negociado de Contabilidade.

– Un (1) posto de xefe do Negociado de Policía de Verteduras.

– Un (1) posto de xefe da Sección de Investimentos, Planificación e Programas Europeos.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación durante o prazo dos quince (15) días naturais seguintes ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE, en modelo oficial que se facilitará no Negociado de Control e Administración do Servizo de Recursos Humanos. Así mesmo, poderán presentarse na forma que determina o artigo 16 da Lei 39/2015.

A Deputación facilitará copia das bases e modelo oficial de solicitudes nas oficinas do Rexistro Xeral, rúa Progreso, 32 (Ourense) e tamén na páxina web www.depourense.es.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse exclusivamente no taboleiro provincial de edictos en todo caso, na páxina web www.depourense.es, e no BOP de Ourense, cando proceda, de conformidade coas bases do procedemento.

Publícase isto de conformidade co disposto no artigo 233.3 da Lei 5/1997, de Administración local de Galicia.

Ourense, 2 de maio de 2017

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense