Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26563

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 22 de maio de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde.

Mediante a Orde do 17 de marzo de 2017 (DOG nº 65, do 3 de abril) anúnciase a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no Servizo Galego de Saúde que se detalla no anexo I desa orde.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 17 de marzo de 2017 e designar a persoa cuxos datos se sinalan no anexo desta orde para ocupar o posto que tamén se especifica e que é seleccionada conforme o establecido nas bases da citada convocatoria.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia; de sete días hábiles se comporta cambio de residencia ou de vinte días hábiles cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento. Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde a dita data.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as.

Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o/a traballador/a, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería de Facenda.

Cuarto. Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Datos do/a funcionario/a:

Apelidos e nome: Nieto Fernández, María Carmen.

NRP: 3497329790 A2653.

Corpo/escala/clase: administrativos de Administración xeral da Comunidade de Madrid.

Subgrupo: C1.

Datos do posto de traballo:

Denominación do posto: secretario/a do/a xerente.

Código do posto: SAS020000015770001.

Nivel C.D.: 18.

Centro directivo ou dependencia: Xerencia do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: Santiago de Compostela.