Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26573

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5404/2016-MRA).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso de suplicación 5404/2016-MRA

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 651/2013 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogado: Pablo Torrado Oubiña

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Luis Veira Varela, Golán Materiales de Construcción, S.L.

Avogado/a: Servizo Xurídico Seguridade Social, Tesouraría Xeral Seguridade Social

Graduado social: Francisco Nazario Diz García

Eu, Mª Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 5404/2016 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Luis Veira Varela, Golán Materiales de Construcción, S.L., sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

Fallamos:

Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, do 4 de maio de 2016 en autos nº 651/2013, que confirmamos.

Dese o destino legal aos depósitos efectuados pola recorrente.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa a sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Golán Materiales de Construcción, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza