Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 1 de xuño de 2017 Páx. 26676

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación do servizo de mantemento das áreas verdes sitas no polígono A Granxa (expediente 10/17).

Por acordo da Xunta de Goberno Local de data 4.5.2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 10/17).

2. Obxecto do contrato: servizo de mantemento de áreas verdes sitas no polígono A Granxa.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 147.264 € (121.705,79 € de base máis 25.558,21 € en concepto de IVE), prazo de execución 2 anos con posibilidade de prórroga de 1 ano.

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais desde o día seguinte á última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos de anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 18 de maio de 2017

A alcaldesa
P.D. (Decreto do 16.5.2017)
Manuel Carrera Punzón
Alcalde accidental