Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 2 de xuño de 2017 Páx. 26828

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2017 pola que se publican os requirimentos de emenda das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020.

Mediante a Resolución do 2 de marzo de 2017 (DOG núm. 48, do 9 de marzo) publicáronse as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e convocáronse en réxime de concorrencia competitiva para o ano 2017.

O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 10 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.

Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.

O artigo 10.2 das bases reguladoras dispón que de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.

En virtude do anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes de axuda xa revisadas que deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo a esta resolución.

Segundo. Requirir os solicitantes incluídos nos ditos anexos para que, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos conforme se lles indique na información detallada do requirimento dispoñible no enderezo www.tramita.igape.es, ao cal accederán a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co NIF e código IDE, desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), na oficina virtual.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 10.2 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, teráselle por desistido na súa petición ao solicitante e arquivarase o expediente, tras a correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da dita Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación

Núm. de expediente

Titular do expediente

NIF

IG166.2017.1.1

Lisardo González, S.L.

B32206914

IG166.2017.1.2

Vagalume Energía, S.L.

B94056470

IG166.2017.1.3

Pescados Hermanos Lijo, S.L.

B15066210

IG166.2017.1.8

Novomar Arousa, S.L.

B27757129

IG166.2017.1.9

Ramiro Rodríguez Paz, Sancus Granitos y Energías, S.L.

B32399958

IG166.2017.1.11

Bodegas Pazo de Aguiar, S.A.

A32260952

IG166.2017.1.14

Ausavil2, S.L.

B36399475

IG166.2017.1.15

Deltacargo, S.L.U.

B15203110

IG166.2017.1.16

Mule System, S.A.

A36943660

IG166.2017.1.17

Kabat, S.L.

B15483944

IG166.2017.1.22

Seijas y Otero, S.L.

B36341899

IG166.2017.1.23

Cn Travel Incoming, S.L.

B94129285

IG166.2017.1.26

Adegas Terra de Asorei, S.L.

B94126646

IG166.2017.1.27

Sanloz Invest & Gold, S.L.

B27408020

IG166.2017.1.28

Imagames Gamification Services, S.L.

B70448618

IG166.2017.1.30

Councilbox Technology, S.L.

B27815596

IG166.2017.1.32

Landscape 68 España, S.L.

B27814698

IG166.2017.1.39

Gestión del Valor y Soluciones, S.L.

B70069281

IG166.2017.1.40

Soltec Ingenieros, S.L.L.

B36881415

IG166.2017.1.41

Comercial de Distrib. Exclusive & Partners, S.L.

B27815513

IG166.2017.1.42

Diagnóstiqa Consultoría Técnica, S.L.

B85123875

IG166.2017.1.43

Lonxamar Nosaria, S.L.

B27768969

IG166.2017.1.45

Lugar da Veiga, S.L.L.

B27317007