Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 33, do 16 de febreiro de 2017, cómpre efectuar as oportunas correccións:
Na páxina 7.690, nos parágrafos 3 e 4 do apartado 1 do artigo 4, onde di:
«– Programa II: aplicación 09.40.324C.470.0, financiada con fondos finalistas do Estado por tratarse de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE).
– Programa III: aplicación 09.40.324C.470.0, financiada con fondos finalistas do Estado por tratarse de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE).»,
Debe dicir:
«– Programa II: aplicación 09.40.324C.470.1, financiada con fondos finalistas do Estado por tratarse de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE).
– Programa III: aplicación 09.40.324C.470.2, financiada con fondos finalistas do Estado por tratarse de accións elixibles de acordo co Plan anual de política de emprego (PAPE)».
E na páxina 7.743, nos parágrafos 3 e 4 do artigo 54, onde di:
«Programa II: 900.000 € (09.40.324C.470.0)
Programa III: 70.000 € (09.40.324C.470.0)»,
Debe dicir:
«Programa II: 900.000 € (09.40.324C.470.1)
Programa III: 70.000 € (09.40.324C.470.2)».