Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27295

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 2 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110A).

BDNS (Identif.): 349415.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Españois ou nacionais dun Estado membro da Unión Europea que estean en posesión dunha titulación universitaria de licenciatura ou de grao relacionada coa filoloxía galega ou coa tradución e interpretación e cumpran un número mínimo de créditos en materias de galego e do idioma oficial do país onde radique o destino que solicita ou, no canto deste, en materias de inglés.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados en distintas universidades estranxeiras.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 2 de xuño de 2017 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de cinco bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas (ED110A).

Cuarto. Contía

Importe total da convocatoria: 220.191,12 €. 213.340,32 € destinaranse ao pagamento da bolsa dos lectores e 6.850,96 € á liquidación da cota patronal á Seguridade Social.

O importe íntegro mensual das bolsas obxecto desta convocatoria é o seguinte:

– 1.123,96 €, para aqueles lectorados localizados en universidades españolas.

– 1.277,12 €, para aqueles lectorados localizados en universidades estranxeiras.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria