Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27551

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 9 de maio de 2017, do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00023-O-2017 e nove máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra acordou a incoación dos expedientes sancionadores número PO-00023-O-2017 e nove máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio, notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Pontevedra.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Pontevedra, 9 de maio de 2017

José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

PO-00023-O-2017

2190-GDM

Pedro Navarro Durán

35308206D

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

22.10.2016; 17.14; PO531; 5,5

Art. 141.21 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-00132-O-2017

C-7050-BU

Miguel Ángel Prado Grela

44820313Y

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

11.10.2016; 10.42; N640; 233,4

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-00373-O-2017

7312-BCB

Sinai Giménez Jiménez

36157117J

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

20.11.2016; 20.26; A55; 24,0

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-00386-O-2017

2270-DDL

Exclusivas Gon Bal, S.L.

B36024115

O exceso igual ou superior ao 5 por cento e inferior ao 15 por cento sobre a MMA total en vehículos con MMA ata 12 toneladas. Exceso de peso igual ou superior ao 13 %.

15.3.2016; 10.25; polígono industrial O Campiño-Pontecaldelas; 0,0

Art. 142.2 LOTT

Art. 143.1.c) LOTT

400 euros

PO-01306-I-2017

9887-JGP

Juan José Ruzo Cruz

34893830R

A desatención total ou parcial ás instrucións ou requirimentos dos membros da inspección do transporte terrestre ou das forzas encargadas da vixilancia do transporte na estrada.

30.3.2017

Art. 140.12 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

4.001 euros

PO-01344-O-2017

7960-JHN

Albemar Pex, S.L.

B94130648

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

9.3.2017; 11.21; AP-9; 137,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

PO-01345-O-2017

7960-JHN

Albemar Pex, S.L.

B94130648

A condución durante máis de cinco horas, aínda que sen superar as seis, sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 5 horas e inferior ou igual a 6 horas.

9.3.2017; 11.21; AP-9; 137,5

Art. 141.24.3 LOTT

Art. 143.1.d) LOTT

401 euros

PO-04243-O-2016

0207-BCW

Ucaglobal, S.L.

B32440653

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

3.5.2016; 11.15; AP-9; 137,5

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-04336-O-2016

PO-6275-BP

Distribuciones y Embutidos RV, S.L.

B36908135

Atenuante-Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

11.7.2016; 16.02; PO534; 4,3

Art. 141.25 en relación art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) en relación letra f) LOTT

801 euros

PO-04645-O-2016

LU-7402-J

Adecon Obras y Servicios, S.L.

B27380427

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

14.9.2016; 14.59; N525; 307,0

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros