Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27518

IV. Oposicións e concursos

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos

CORRECCIÓN DE ERROS. Corrección de erros. Resolución do 24 de maio de 2017 pola que se fan públicos o lugar e a data de realización dos exercicios da fase oposición do proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo desta axencia mediante contratación laboral fixa, convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015.

Advertido erro na publicación da corrección de erros da dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 104, do venres, día 2 de xuño de 2017, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 26857, onde di: «Diario Oficial de Galicia nº 103, do martes, día 1 de xuño de 2017», debe dicir: «Diario Oficial de Galicia nº 103, do xoves, día 1 de xuño de 2017».