Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27614

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de mandilóns e lenzaría para as escolas infantís xestionadas por este organismo e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia, lotes 1 e 2 (contratación documentalmente simplificada).

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Número de expediente: CGSIB/002/17/SU/EI.

2. Obxecto do contrato:

Descrición do obxecto: contratación da subministración de mandilóns e lenzaría para as escolas infantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de escolas infantís de Galicia (lotes 1 e 2).

a) Lugar de execución: Galicia.

b) Prazo de execución: dous (2) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento de licitación:

Lote 1: 79.860,00 €.

Lote 2: 70.246,55 €.

Importe total: 150.106,55 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: si (5 % do orzamento base de licitación para cada lote).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro. Rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono de información: 881 99 64 00.

e) Telefax: 881 99 64 04.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata rematar o prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.igualdadebenestar.org.

7. Requisitos específicos do/a contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

c) Solvencia técnica: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares e no cadro de especificacións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se coincide en sábado ou festivo, pasará ás 14.00 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se ten que presentar: a que figura na cláusula 6ª do prego de cláusulas administrativas particulares e na letra R da folla de especificacións; no exterior dos sobres deberá figurar o CIF de quen licita. No caso de tratarse de persoas inscritas no Rexistro de Contratistas, indicarase o número de rexistro no exterior do sobre.

c) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro. Rúa San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Prazo durante o cal a persoa que licita estará obrigada a manter a súa oferta: véxase o prego.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro. Rúa San Lázaro, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: a apertura en acto público do sobre B terá lugar na sala de xuntas do Consorcio o 30 de xuño de 2017, ás 10.00 horas, e do sobre C na data e hora que se lles notificará aos licitadores, por fax ou calquera outro medio admitido, e que se publicará no perfil do contratante con dous días hábiles de antelación ao da súa realización.

10. Outras informacións:

– Apertura do sobre A: terá lugar en acto previo á comprobación da documentación xeral segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Criterios de valoración: os que se enumeran coas súas valoracións nos pregos e no perfil de contratante.

– Apertura dos sobres B e C: a apertura do sobre B e a súa valoración realizaranse con anterioridade á apertura e valoración do sobre C. No caso de que a apertura do sobre B se atrase, farase pública a nova data mediante notificación por fax aos licitadores presentados e no perfil de contratante.

11. Gastos dos anuncios: os anuncios desta licitación serán por conta da persoa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017

P.D. (Comité Directivo do 6.3.2015, DOG do 17 de marzo)
Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar