Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 24 de abril de 2017, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Efectos A Basella, S.L de concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Vilanova de Arousa para construción e explotación de nave con destino á venda de efectos navais (expediente 13-05-17-C1).

Felipe Morgade Portas solicita, en nome e representación da entidade Efectos A Basella, S.L., a concesión administrativa para a construción e explotación dunha nave con destino á venda de efectos navais no porto de Vilanova de Arousa, segundo o proxecto titulado Modificación de proxecto básico de nave comercial de uso inocuo para efectos navais, redactado polo arquitecto Juan Carlos Morgade Portas en marzo de 2017.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de octubre), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Said Armesto, 1-1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 24 de abril de 2017

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia