Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade á parte dispositiva da Sentenza do 4 de febreiro de 2015, ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Para xeral coñecemento, de conformidade co disposto nos artigos 72 e 104 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, faise público que a Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con data do 4 de febreiro de 2015, ditou sentenza no procedemento ordinario 122/2014, interposto polo Sindicato de Médicos de Galicia e o Sindicato de Médicos O´Mega, contra o Decreto 36/2014, do 20 de marzo, polo que se regulan as áreas de Xestión Clínica do Servizo Galego de Saúde.

A dita sentenza fora impugnada en casación polo Servizo Galego de Saúde ante o Tribunal Supremo (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Cuarta), que ditou Sentenza nº 2746/2015, do 22.12.2016, declarando non haber lugar ao recurso de casación promovido.

En consecuencia, queda firme a sentenza pronunciada o 4 de febreiro de 2015 pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en canto anulaba o artigo 10 do mencionado Decreto 36/2014 no que atinxe á libre designación como forma de provisión do/da director/a de área de xestión clínica.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade