Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27892

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 926/2015).

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 926/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rocío Suárez Iglesias contra a Empanadilla Saborosa, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza de data 15 de maio de 2017, cuxo encabezamento e fallo é do tenor literal seguinte:

«Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 926/2015 sendo parte neste, como demandante, Rocío Suárez Iglesias, asistida pola letrada Romero Salgado e, como demandado/s, a empresa a Empanadilla la Sabrosa, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma ao igual que o Fogasa (Fondo de garantía salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome de El Rei, con base nos seguintes

Fallo estímase parcialmente a demanda interposta por Rocío Suárez Iglesias fronte á Empanadilla Sabrosa,S.L., e, en consecuencia, condénase a demandada a aboar á demandante a cantidade de 5.386,67 euros, en concepto de salarios debidos, cos xuros do artigo 29.3 do ET por mora, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

É indispensable que ao tempo de anuncialo acredite a parte que non ostente o carácter de traballador ou habente-causa súa ou beneficiaria do réxime público da Seguridade Social ou non goce do beneficio de xustiza gratuíta, ter consignado como depósito a cantidade de 300 € na conta deste xulgado, así como acreditar ao anunciar o recurso ter consignado na “conta de depósitos e consignacións” aberta a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse constar a responsabilidade solidaria do avalista.

Están exentos de constituír o depósito e a consignación indicada as persoas e entidades comprendidas no apartado 4 do artigo 229 da LRXS.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma á Empanadilla Saborosa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza