Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27870

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de maio de 2017 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante unha Orde do 31 de marzo de 2017 (DOG núm. 71, do 11 de abril), e de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da citada convocatoria, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.

Segundo. O cesamento no destino actual da funcionaria que obtivo a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que a adxudicataria obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles e computarase desde a data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidos á interesada. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.

Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa a funcionaria, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales lles darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Contra esta orde que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012; DOG núm. 27, do 8 de febreiro)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos

ANEXO

Datos da funcionaria:

Apelidos e nome: Batán Aira, María Lourdes.

Nº rexistro persoal: 3493453824 A2060.

Corpo ou escala: corpo superior da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Subgrupo: A1.

Datos do posto de traballo:

Denominación: subdirector/a xeral de Política Lingüística.

Código: ED.401.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro directivo: Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Localidade: Santiago de Compostela.